Site icon Crónica3.com A Mariña

A comida organizada pola concellería de servizos sociais de Lourenzá para conmemorar o día da muller contou con 60 participantes

Lourenzá, 15 de marzo de 2017. A comida organizada pola Concellería de Servizos Sociais de Lourenzá para conmemorar o Día da Muller contou con 60 participantes. O evento, no que houbo baile e entregáronse obsequios, celebrouse no recinto feiral de Vilanova o pasado domingo.

Entre os asistentes houbo non só veciños e veciñas de Lourenzá senón que tamén participaron persoas residentes noutros municipios. En representación do goberno local estiveron a alcaldesa, Rocío López, e os concelleiros Mercedes Dengra, Manuel Arango, Francisco Dasilva e Miguel Castrillón.

Durante a xornada entregáronse broches conmemorativos cun lema do Día da Muller e sorteouse entre todas as mulleres participantes unha figuriña que representa a unha muller traballando. Ademais houbo baile amenizado por un grupo formado para a ocasión por músicos de Lourenzá.

Exit mobile version