Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Cultura de Foz programou para este fin de semana unha representación teatral e un concerto da banda municipal

Foz, 22 de marzo de 2017. A Concellería de Cultura de Foz programou para este fin de semana unha representación teatral a cargo do grupo Teatro do Morcego coa obra Presidente e un concerto de cine da Banda de Música de Foz.

O venres, 24 de marzo, a compañía Teatro do Morcego porá en escena a obra Presidente. A representación terá lugar na Casa da Cultura ás 21:30 horas. O prezo das entradas é de 3,5 euros para o público en xeral e 2,5 euros para estudantes e xubilados. Esta comedia está protagonizada por Celso Parada, Mercedes Castro, César Goldi, Iolanda Muiños e Federico Pérez, baixo a dirección de Xosé Prieto.

O sábado, 25 de marzo, haberá un Concerto de Cine a cargo da Banda Municipal de Música de Foz. Celebrarase na Sala Bahía ás 20:00 horas.

Tamén este sábado 25 terá lugar a cea-baile da Asociación de Amas de Casa de Foz para celebrar o Día da Muller Traballadora. Celebrarase no restaurante Tangarte Mariñeiro ás 21:30 horas.

Exit mobile version