Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación da muller do Concello de Foz convoca a segunda edición do concurso o que nunca che dixen para conmemorar o día da muller

Cartel concurso O que nunca che dixen Foz 2017Foz, 7 de marzo de 2017. A Delegación da Muller do Concello de Foz convoca a segunda edición do concurso denominado O que nunca che dixen para conmemorar o Día da Muller.

Pódese participar presentando un agradecemento, unha frase ou un debuxo ou fotografía con texto que reflicta un sentimento cara a unha muller. As obras poden enviarse a través das redes sociais do Concello de Foz (twitter, facebook ou instagram), por medio do enderezo electrónico muller@concellodefoz.es ou presencialmente na Casa da Xuventude.

A concelleira de Muller, Mercedes González Alonso, explicou que “en este concurso lo que queremos es que cada uno de nosotros expresemos mediante palabras aquello que nunca nos acordamos de decir a aquella mujer que admiramos, a la que está a nuestro lado todos los días, a quien se nos ocurra. Podrán hacerlo desde mañana, miércoles 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer, hasta el próximo miércoles, 15. Después comunicaremos la reflexión o el escrito que más haya gustado y tendrá un premio de 100 euros en vales de compra donado por el Centro Comercial Aberto de Foz”.

Mercedes González rematou comentando: “esperamos que todo el mundo se anime y que esta edición tenga un buen número de personas que quieran participar y que digan aquello que siempre se callan”.

Exit mobile version