Site icon Crónica3.com A Mariña

A fachada do Concello iluminarase de azul as noites do venres e do sábado próximos. Deste xeito Burela súmase ás celebracións do día internacional do autismo

Burela, 30 de marzo de 2017. Burela súmase ás celebracións do día internacional do autismo, segundo acaba de confirmar a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero.

A edil burelesa explica que “o 2 de abril conmemórase o día internacional do autismo e desde a Concellería de Servizos Sociais imos desenvolver unha serie de actos ao longo desta fin de semana. Será en colaboración coa asociación Capaces, de Lugo”.

Patricia Otero indica que “mañá, 31 de marzo, ás oito da tarde no salón de conferencias (antiga biblioteca) proxectarase a estrea do documental Un sueño compartido, da ONG Aprendices Visuales. A entrada é gratuíta. A actividade está organizada pola asociación Capaces e pola ONG Aprendices Visuales, coa colaboración da Delegación Municipal de Servizos Sociais”. Otero asistirá a esa proxección e realizará a presentación da xornada.

A concelleira socialista engade que “as noites do venres e do sábado próximos imos iluminar a fachada do Concello de cor azul e tamén colocaremos globos desa cor, para adherirnos a esa celebración”.

Exit mobile version