O presidente da asociación, Vidal Martínez-Sierra, e o director de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro, rubricaron hoxe en Mondoñedo un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial de Galicia.
O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da comarca asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.
Do mesmo xeito, as persoas e beneficiarios adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
O GDR Terras de Miranda constituíuse no 2001 e agrupa os intereses de diversos colectivos destas localidades do norte de Lugo, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores de servizos e industriais, entre outros. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.