Site icon Crónica3.com A Mariña

Actos do día internacional da muller traballadora en Xove

HOMENAXE A CONSTANTINA LÓPEZ (1)Xove 12-3-17. Este domingo remataron os actos no Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller, actos que se coordinaron a través da Concellería de Servizos Sociais.
Deste xeito, a partires das 17:30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico, unhas 120 mulleres de tódalas idades participaron na X CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Este acto comezou cunha presentación a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira Ana Abad, seguido da videoproxección do documental “MULLERES DE XOVE”, para rematar cunha chocolatada para tódalas participantes.

HOMENAXE A Dª CONSTANTINA LÓPEZ MARTÍNEZ
Tamén dentro dos actos para celebrar este día, e como recoñecemento a toda unha vida adicada ao traballo e aos seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª CONSTANTINA LÓPEZ MARTÍNEZ, a persoa máis maior de Xove.
Constantina, quen aos seus 100 anos inda mantén unha presencia e unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores.

Exit mobile version