Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnas do IES Perdouro, finalistas do Young Business Talents

IMG_7229Burela 24-3-17. Tres alumnas de 4º ESO do IES Perdouro de Burela clasificáronse para a final nacional do Young Business Talents; unha competición por Internet organizada por Praxis MMT, NIVEA E ESIC, na que os estudantes desenvolven diversas estratexias de mercado.

Elas son Mirella Ramos, Andrea Rivas e Tania Valiña. Por segundo ano consecutivo o IES Perdouro de Burela estará presente na fase final deste certame nacional. Despois de catro meses competindo con institutos de toda España, as alumnas lograron clasificarse para a fase final xunto con outros 12 equipos galegos.

No concurso participaron un total de 2.887 equipos de toda España. Os 100 mellores equipos clasificados xogarán a final en Madrid o próximo 31 de marzo.

Para chegar a final as integrantes do equipo PatakeirasSL tiveron que competir por Internet durante catro meses. Un simulador empresarial permitiulles enfrontarse a estudantes doutras rexións españolas, desenvolvendo diversas habilidades como o tratamento da información, o manexo eficaz da tecnoloxía ou o traballo en equipo. Asemade, o máis importante foi a elaboración de xuízos e toma de decisións relativas á empresa que engloban as áreas de produción, finanzas, recursos humanos e marketing, para conseguir que os resultados da mesma prosperaran.

Equipos Galegos clasificados

A Coruña

IES Pontepedriña, Santiago de Compostela
IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela
IES Fontexería, Muros

Lugo

IES Río Cabe, Monforte de Lemos
IES Perdouro, Burela

Ourense

IES Lagoa de Antela, Xinzo de Limia

Pontevedra

IES San Tomé de Freixeiro, Vigo (2 equipos)
IES Monte da Vila, O Grove (2 equipos)
Colegio Fomento Montecastelo, Vigo
IES A Basella, Vilanova de Arousa

Exit mobile version