Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Perdouro de Burela visitan INTAF

IntafBurela 25-3-17. O alumnado do Ciclo Medio de Mecanizado e o de Formación Profesional Básica de Fabricación e Montaxe do IES Perdouro de Burela realizou unha viaxe formativa a Narón (Ferrol) co obxectivo de coñecer o grupo Intaf, referente no sector do mecanizado e así complementar a formación recibida no centro. Empezaron a visita con unha breve charla sobre seguridade para logo pasar ao taller de mecanizado. Alí presenciaron labores de fabricación e mantemento de grupos multiplicadores usados nos eólicos de Iberdrola. A continuación visitaron Evolventia e Sincromecánica onde viron o mecanizado e rectificado das coroas e engranaxes que levan internamente estes multiplicadores que transforman as 40 rpm (velocidade a que xiran as aspas dos eólicos) en 1500 rpm que necesita o xerador para producir electricidade.

Foi a oportunidade para os alumnos do IES Perodouro, futuros profesionais do sector de mecanizado, de estar ao día en canto a innovación e desenvolvemento cos que se atoparán no seu próximo mundo laboral.

Exit mobile version