Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos e alumnas de Educación Infantil do CEIP Virxe do Carme de Burela estiveron coas monitoras de Gaia

IMG_20170303_091924Este xoves e venres os alumnos e alumnas de Educación Infantil do CEIP Virxe do Carme de Burela estiveron coas monitoras de Gaia, do Concello, aprendendo a separar correctamente o lixo nos distintos contedores de recollida selectiva. “E como aprender xogando é moito máis divertido, utilizaron un xogo chamado Pesca de envases, que consistiu en que os rapaces grazas a unhas canas tiveron que pescar un envase e depositalo no contedor correspondente”, segundo explicaron as monitoras de Gaia.

Exit mobile version