Site icon Crónica3.com A Mariña

As primeiras saídas formativas dos profesores de APAGA deste 2017 serán a Francia e a Dinamarca. Este sábado tivo lugar unha xornada preparatoria destas estadías en Ribadeo

Ribadeo, 11 de marzo de 2017. Apaga celebrou en Ribadeo, nas instalacións do hotel O Cabazo, unha xornada de traballo preparatoria das saídas formativas nas que van participar 44 mestres ao longo dos vindeiros meses. Esas viaxes enmárcanse no proxecto europeo Coñecemento e Formación para a Empregabilidade. Os profesores de Apaga desprazaranse de marzo a xuño a Francia, Dinamarca, Croacia, República Checa, Portugal, Finlandia, Alemaña, Austria, Estonia, Holanda e Italia.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “estas reunións de traballo, como a celebrada hoxe en Ribadeo, son dun día de duración e comprenden a información da parte de intendencia, temas de seguro de participantes e todo o programa formativo que se vai desenvolver. E tamén o manexo do manual do participante”. A primeira das saídas formativas dos mestres de Apaga deste 2017 terá lugar do 20 ao 25 de marzo en Francia e a segunda será do 26 de marzo ao 1 de abril en Dinamarca.

Nas once saídas deste profesorado, que se desenvolverán de marzo a xuño, Apaga dará a coñecer o norte de Lugo a través da guía The North of Lugo, editada hai uns meses pola asociación e por Faro Norte Comunicación.

Exit mobile version