Site icon Crónica3.com A Mariña

As XSG da provincia de Lugo organizan unha “xornada pola igualdade” xunto co Observatorio de Igualdade

Vilalba, 15 de Xuño de 2015. As Xunventudes Socialistas da provincia de Lugo e o Observatorio de Igualdade, de ámbito autonómico, celebraron na sala Maruja Mallo de Lugo unas Xornadas pola igualdade. Compostas por dúas mesas nas que interviron diferentes expertas no ámbito da igualdade e tamén daquela vertente política, a agrupación xuvenil considera “prioritario e de vital importancia a realización deste tipo de actos para que non retrocedamos nin un paso atrás e nos declaremos abertamente feministas” coa intención de “fomentar a igualdade especialmente entre as rapazas e rapaces máis novos”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, abreu as xornadas xunto con Miguel González, coordinador provincial das Xuventudes Socialistas da provincia de Lugo. Méndez agradeceu a invitación á organización xuvenil lembrando que “son non só o futuro desta sociedade, senón o presente pola súa aportación e a realización de actividades pensadas para resolver e por solución aos problemas dos máis novos e novas”, subliñou.

Na primeira mesa, titulada “adolescencias, novas tecnoloxías e violencia machista”, a doutora en psicoloxía, investigadora no grupo PSICOM e docente na USC, Patricia Gómez Salgado, explicou o contexto no que se desenvolve a vida cotiá dos adolescentes e a incidencia das TICs no incremento da violencia machista entre as novas xeracións. Pola súa banda, a educadora social e pedagoga en vivendas tituledas, Sandra Rodríguez Jiménez, amosou a situación na que viven moitos mozos e mozas en risco de exclusión social e salientou “a forza con que se reproducen os estereotipos a través de publicidade ou cancións”.

En canto á segunda mesa, “políticas de igualdade para a xuventude”, interviron a concelleira lucense de Benestar social e Igualdade no concello de Lugo, Ana González Abelleira; a parlamentaria socialista e ex concelleira de Servizos Sociais no concello de Cerceda, Begoña Rodríguez Rumbo; e a concelleira monfortina de Cultura, Ensino, Xuventude e Igualdade, Marina María Doutón Rajo. Coincidiron na importancia dos plans de igualdade, a necesidade de destinar recursos para o fomento da igualdade e a prevención da violencia machista, especialmente entre a xuventude.

Exit mobile version