Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro animou a solicitar as axudas do Leader xestionadas polos grupos de desenvolvemento rural antes de que remate o prazo o próximo 31 de marzo

Lugo, 21 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou hoxe que as persoas ou entidades interesadas nas axudas do Leader xestionadas polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que dependen da Consellería do Medio Rural, teñen de prazo ata o día 31 de marzo para presentar as súas solicitudes.

O dirixente territorial explicou que calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación dun Grupo de Desenvolvemento Rural pode solicitar unha subvención. Os promotores non precisan formar parte dos GDR para ser beneficiarios destas axudas.

Balseiro apuntou tamén que o Plan Leader 2014-2020 suporá unha inxección para o agro lucense de 25 millóns de euros, e destacou a vocación territorial deste programa, que potencia os recursos endóxenos e ten un enfoque “ascendente, integral e multisectorial”, de xeito que os proxectos xorden da iniciativa privada e son os axentes sociais participantes nos propios GDR os encargados de deseñar as estratexias en cada zona.

A base da filosofía dos proxectos Leader é o de apoiar, entre outros, aqueles proxectos que valoricen os recursos endóxenos do territorio, teñan carácter innovador ou poidan servir de efectos demostrativo.

Así, entre as iniciativas que obtiveron axuda contabilízanse proxectos de creación ou innovación tecnolóxica en empresas de transformación alimentaria dedicadas á pesca, carne, aceite, leite ou mel, entre outros.

Exit mobile version