Burela, 7 de marzo de 2017. O Concello organiza varios actos para celebrar o Día da Muller.
Mañá, 8 de marzo, ás 12 na praza do Concello terá lugar a lectura dun manifesto conmemorativo, unha cadea humana e unha solta de globos, segundo deu a coñecer a concelleira de Igualdade e Muller, Patricia Otero.
Xa o sábado, 11 de marzo, en colaboración coa asociación de amas de casa ás 12:30 horas no salón de plenos do Concello está programada unha actuación de Caxoto con Contamos coa igualdade e despois ás 14 horas xantar no hotel Nordés.
Ademais todos os mércores de marzo “se celebra o taller de defensa persoal. Imos ter que facer outra edición mais adiante, porque quedaron bastante mulleres fora”, engadiu Patricia Otero.