Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado do Goberno local do Concello de Mondoñedo negando as acusacións de protectorado institucional vertidas a través dos medios de comunicación por AGADEI (Asociación Galega de Escolas Infantís)

Mondoñedo, 24 de marzo de 2017.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo nega as acusacións de protectorado institucional vertidas a través dos medios de comunicación por AGADEI (Asociación Galega de Escolas Infantís).

Dende o Concello de Mondoñedo sinálase que a ordenanza municipal vixente vai dirixida a familias residentes e empadroadas no Concello e que non teñen praza na gardería infantil. Tratase con esta axuda de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre homes e mulleres e posibilitar así a conciliación da vida familiar e laboral das familias do noso Concello.

O pagamento desta axuda do bono infantil -segundo se recolle na ordenanza no artigo 11- farase á empresa que preste o servizo, sen especificar en ningún momento o nome da mesma ou ben o solicitante da axuda que acredite o pagamento da factura pola prestación dos servizos realizados.

Por outra banda, o Goberno municipal aclara que a empresa Merliños ten arrendado un local titularidade do Concello en base á ordenanza fiscal número 16, e a Lei de Arrendamentos Urbanos, para realizar unha actividade de “Centro de ocio e Formación Infantil” e dándoselle o inicio de actividade o día 15 de xuño do 2016 tras presentar toda a documentación que lle foi requirida para tal efecto.

Entendemos, polo tanto, que as acusacións que fai esta Asociación e que hoxe recollen os medios de comunicación son, no que se refire o noso Concello, falsas, polo que debería retractarse do vertido nestes medios.

Exit mobile version