Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG denuncia a falla de interese da Deputación de Lugo na problemática da Couza

Compostela 17-3-17. O secretario xeral de Compromiso, Juan Carlos Piñeiro sinalou : “ Dende CXG entendemos que as deputacións como entes locais, con amplos fondos, teñen que estar para axudar á solución desta problemática que afecta directamente á economía das familias”.

Por todo isto Compromiso por Galicia pide da deputación de Lugo, e tamén da da Coruña, medidas concretas encamiñadas a tres campos: apoio económico ás familias, apoio a investigación e apoio a erradicación desta praga.

Segundo Piñeiro, “Non se pode admitir a calada por resposta, ambos entes están gobernados polo Psoe, que esixe no parlamento medidas semellantes. Non é serio esixir se non cumpres”.

CXG pode entender que a día de hoxe en Lugo o Psoe teña que coser feridas dos recentes nomeamentos pero iso non é culpa dos cidadáns.

Exit mobile version