Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG pide que se cree unha mesa do ensino galego

Compostela 22-3-17. CxG pide que se cree unha mesa do ensino galego, que sexa unha ferramenta de diálogo entre tódolos actores: Administración, Partidos, Sindicatos, País e alumnos.

O pasado mércores, día 15 de marzo, celebrouse en Compostela unha reunión entre membros de Compromiso por Galicia, co seu secretario xeral ao fronte, e o presidente e vicepresidente da Confederación galega de Anpas para poñer en común os problemas da realidade educativa galega. CXG ten claro que fai falla un esforzo político para solucionar un problema latexante: un ensino público, galego de calidade.

Entendemos que é responsabilidade de todos e defendemos que no ensino non ten que caer a pesada tesoira da crise. Para que Galicia sexa competitiva ten que mellorarse moito no ensino obrigatorio, sobre todo atendendo aos seguintes aspectos:

-/ Necesariamente debe ser en Galego.

-/ Ten que ser totalmente público, sen centros concertados.

-/Con plans de calidade.

-/ Sen temporalidade nos docentes.

-/ Con docentes ben formados. Motivados, valorados e en constante proceso de reciclaxe.

-/ Con implicación da sociedade.

-/ Laico

-/ Inclusivo

-/ Dotado de recursos

-/ Con comedores en todos os centros, con cociña e con un servizo de calidade.

-/ Con un transporte escolar que de verdade atenda as necesidades dos usuarios, con especial atención no rural.

Só mellorando estes aspectos conseguiremos ir facendo que Galicia ocupe o seu lugar

Exit mobile version