Site icon Crónica3.com A Mariña

Dia das artes galegas adicado a Maruja Mallo en Viveiro

Viveiro 28-3-17. O 1 de abril conmemórase o Día das Artes Galegas, que este ano está dedicado a Maruja Mallo; o acto central desta celebración terá lugar en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, ás 12:30 horas.

Tras a benvida musical a cargo do grupo vocal SondeNós, procederase á apertura do acto coa intervención do Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, D. Manuel Quintana Martelo. De seguido, a académica Dª. Asunción Rodríguez Rodríguez realizará unha glosa sobre Maruja Mallo, baixo a título “Exótica”. Posteriormente e nesta orde, intervirán esta Alcaldía; D. Darío Campos Conde, Presidente da Deputación Provincial de Lugo; e D. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se encargará de pechar o acto. Finalmente, SondeNós actuará novamente na despedida musical. O xornalista e escritor Ramón Pernas será o encargado de guiar o acto.

Pola tarde, na sala multiusos da casa do concello, a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará unha sesión ordinaria a porta pechada.

Para o Concello de Viveiro é unha honra que a RAGBA tivese elexido, por maioría, a candidatura de Maruja Mallo para celebrar o Día das Artes Galegas, unha recoñecida homenaxe que servirá para difundir a vida e obra desta gran artista viveirense.

Exit mobile version