Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do concurso de caretas de entroido do Concello de Xove

BanderaXove 14-3-17. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar.

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os premiados/as foron:

1º.- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: ABEL MEJUTO GARCÍA..
2º Premio: PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º Premio: AROA PITA RODRÍGUEZ.

2º.- Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: ALEJANDRO FLORES ESCOBAR.
2º Premio: CHRISTIAN VILLARQUIDE PLATAS.
3º Premio: ANDREA EIJO RODRÍGUEZ.

3º.- Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: DANIEL BERTOLO CASABELLA.
2º Premio: EDUARDO FLORES ESCOBAR.
3º Premio: ENMA BUJÁN ROUCO.

4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: IAGO PÉREZ TEIJEIRA.

Os restantes premios quedaron desertos.
Por último, sinalar que tódolos traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes na Biblioteca Municipal de Xove.

Exit mobile version