Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes haberá unha actividade de prevención de condutas racistas e xenófobas no CEIP Virxe do Carme de Burela. Está organizada pola concellería de inmigración e por Gaia

Burela, 27 de marzo de 2017. O Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación e a Aula de Medio Ambiente Gaia, dependente da Concellería de Medio Ambiente, organizaron unha actividade de prevención de condutas racistas e xenófobas que se traballará c@s nen@s.

A actividade consiste nun xogo, a Oca inmigrante, “na cal os nenos e nenas mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo, inseguridade e desamparo, acollida, pobreza, tolerancia e respecto, guerras, papeis, marxinación, malos salarios, rexeitamento, integración, inxustiza,…”, explican desde a organización.

E engaden que “con esta actividade queremos sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea”.

A actividade vai ser realizada cos grupos de nenos e nenas de 3º de educación primaria mañá, día 28 de marzo, nas dependencias do Ceip Virxe do Carme. Será no pavillón. O primeiro grupo acudirá ás 12:15 horas e o segundo a partir das 14:00 horas.

Exit mobile version