Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa da árbore en Mondoñedo

árbol 2017Mondoñedo 29-3-17- Coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 1 de abril en Mondoñedo.

A partir das 16:30h da tarde no Parque do Seminario de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con diversos talleres de manualidades (en caso de choiva, serán na Casa da Cultura). Dende esa hora haberá tamén xogos tradicionais (chave, tiro da corda, …) para todas as idades coa colaboración da Delegación de deportes do concello mindoniense. Finalmente arredor das 18:00h plantarase a árbore no propio Parque, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a tarde estarán expostos os debuxos participantes no “VI Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Exit mobile version