Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz,plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que tomen as medidas oportunas para conciliar o paso de camións e veciños na zoa do camiño das Charelas e na zona da Espiñeira, que se realice algunha charla sobre o novo decreto de vivendas turísticas e reparen a estrada de Vilacendoy

Foz 10-2-17. No pasado mes de Febreiro e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno,“FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”,formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de tomen as medidas oportunas para conciliar o paso de camións coa circulación de vehículos e veciños na zoa do camiño das Charelas e na zoa da Espiñeira en Vilaronte.
2.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de que realicen as xestións oportunas para impartir no noso concello algunha charla informativa sobre o novo decreto sobre vivendas turísticas.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno procedan o arranxo anque sexa de forma provisional da estrada de Vilacendoi.

Preguntas mes de Febreiro.
1.¿Por que non se sumou Foz ó programa da Xunta “Vivendas valeiras”?
Resposta: Porque non dispón de vivendas.
2.¿Cal é o motivo real de que a nova residencia non estea en funcionamento a fecha de hoxe?.
Resposta: Porque a Consellería de Benestar esixe unha serie de condicións para ceder ó Concello, e se lle está enviando toda esa documentación.
Nesta pregunta tamén se lle comenta ó alcalde que procedan a poñer unhas cortinas ou tapar os mobles do sol, sendo a resposta do Alcalde que “os mobles non se deterioran por estar expostos ó sol”, unha resposta totalmente sorprendente.Dende FPF moito nos tememos que vamos tardar en ver aberta a nova residencia de anciáns de Foz.
3.¿Ten pensado o quipo de Goberno, darlle algunha solución despois de case dous anos, a unha valla de obra colocada no cruce da casa de Tol sobre unha arqueta?

Resposta: Esa estrada é do Ministerio de Fomento. Manifestar dende a nosa formación a total deixadez neste tema por parte do equipo de Goberno do noso Concello.

FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.

Exit mobile version