Site icon Crónica3.com A Mariña

Iolanda Aldrei presenta unha obra poética no Espazo Caritel

Foz 13-3-17-A escritora compostelá Iolanda Aldrei presentará a súa última publicación en San Martiño (Foz).
O Segredo de Sheela na Gig conta con ilustracións da propia autora e está editado polo selo Sons da Terra Verde.

Iolanda Aldrei forma parte do colectivo literario “A porta verde do sétimo andar” e ten participado o verán pasado na “Ponte literaria” (encontro estival de escritores no Valadouro), así como no recital “Memoria do mar de Foz”, celebrado tamén no verán de 2016.
Do mesmo xeito, foi unhas das participantes no proxecto literario-fotográfico Aldeas sen voz, publicación colectiva que xorde inspirada nas terras do municipio da Pontenova.

O evento deste sábado (18h), que será presentado por Lionel Rexes, terá lugar no Espazo Caritel, o complexo artístico-botánico xurdido arredor do obradoiro do escultor Caxigueiro.
O acto gozará do acompañamento musical de Xavier Ponte e mais da presenza do arqueológo André Pena Granha, quen falará sobre a figura mitolóxica de orixe céltica denominada Sheela na Gig.

Exit mobile version