Site icon Crónica3.com A Mariña

IV Olimpíadas interparroquiais de Alfoz 2017

File written by Adobe Photoshop¨ 5.0Alfoz 13-3-17. O vindeiro mes de Abril celebraranse as VI Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:

– Probas Deportivas: Sábado 1 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Probas Culturais: Sábado 8 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Probas Artísticas: Sábado 15 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Xogos Populares: Sábado 22 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.

Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte. Entre as novidades pódese destacar que na proba deportiva este ano haberá catro probas polo que se dará a posibilidade de participar a xogadores de distintas disciplinas, introducíndose por primeira vez a pesca.

Tamén haberá novidades nas probas dos xogos populares, onde este ano se introduce o tradicional xogo de patio do brilé. Como indica Xabier Pardiñas, responsable da Área de Cultura do Concello de Alfoz, “ a idea é que cada ano se podan ir rotando diferentes xogos, facendo o evento máis aberto, divertido e imprevisible”

Nas Olimpíadas poderán participar todos os veciños e veciñas das diversas parroquias de Alfoz que estean ou estiveran empadroados/as ou sexan naturais do concello, ou ben que teñan parentesco en primeiro grao con estes.

Despois da reunión mantida cos capitáns propostos os 8 equipos participantes serán Adelán, Bacoi, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, Mor, Pereiro-Oiras e Reirado-Vilaúde.
As inscricións faranse a través da Biblioteca Municipal no teléfono 982571270 ou no correo ofelia.adrio.alfoz@eidolocal.es.

Exit mobile version