Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis vida ás nosas árbores – xornada reforestación monte San Roque

Viveiro 1-3-17. Baixo este título o Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha un ano máis a Xornada de Reforestación dos abetos que durante o Nadal engalanaron as nosas rúas.

Esta será a 6ª xornada de reforestación que se realiza en colaboración ca Comunidade de Montes de San Roque, o Servizo Forestal, Autobuses de Vivero e os colexios da vila. O venres 3 de Marzo a partir das 10:30 horas un total de 76 nenos de 6º curso dos colexios Lois Tobío e Landro plantarán no Monte San Roque os Abetos do Nadal.

Os rapaces recibirán unha charla educativa durante a xornada de reforestación da man dun axente do Servizo Forestal. Nesta charla explícaselles a importancia de manter a flora e a fauna do noso entorno, con tódolos beneficios que elo conleva. Aprenden a diferenzar distintas especies autóctonas, e que función desempeña cada parte do abeto que eles mesmos van a plantar. Ó finalizar reciben un diploma acreditativo da realización da xornada.

O obxetivo é a sensibilización de cara ó respecto polo medio ambiente e a interacción ca natureza, e sobre todo “a vida” que se lles dá ás arbores que adornan no Nadal as nosas rúas.

Nas anteriores edicións esta xornada realizábase ó finalizar a campaña de Nadal, este ano por primeira vez pospúxose ata dous meses despois debido ós coidados e tratamento que lle deron ós abetos antes de proceder a plantalos, para así asegurar que se plantan e medran correctamente. Grazas á Comunidade de Montes de San Roque, ó Servizo Forestal de Viveiro e a Autobuses de Viveiro que xunto ca Asociación de comerciantes do Centro Histórico fan posible que un ano máis os nenos poidan desfrutar e aprender con esta actividade tan interesante.

Exit mobile version