Site icon Crónica3.com A Mariña

Mallo en Marzo, Unha homenaxe á pintora viveirense Maruja Mallo, no complexo Regal Xunqueira

Viveiro 14-3-17. Este xoves 16 inaugúrase na Sala de Exposicións de REGALXUNQUEIRA – Viveiro, e poderase visitar ata o 12 de Xuño

Unha colección de obras, moitas delas inéditas e creadas ex profeso para a ocasión, en homenaxe á pintora viveirense Maruja Mallo.

A mostra está comisariada por Renata Otero e conta coa presencia de 14 autoras provintes de diversos lugares, xeracións e disciplinas. Nela participan artistas consagradas e nóveles provintes na meirande parte de Galicia pero tamén de Uruguay, Italia, Bruselas… unidas polo interés común de rendirlle culto a Maruja Mallo, unha autora de sona internacional.

As participantes son, por orde alfabético : Alicia Muñiz (Aix), Anna Ferrer, Lara Pintos, Leira, Luz Darriba, Magot, Marta Paz, Monica Mura, Montse LLamas, Reina D´Hoore, Renata Otero, Rosalía Pazo Maside, Sara Fonseca e Susana Pazo Maside.

As obras destas mulleres dialogarán ademais con sete gravados de Maruja Mallo que tamén forman parte da exposición. O conxunto reúne en total mais de trinta pezas sobresaíntes e incluie, pintura, instalación, arte electrónico, escultura, arte textil, debuxo, gravado e fotografía.

Exit mobile version