Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para facer as xestións necesarias para mellorar o aspecto da Praza Conde de Fontao

Foz 24-3-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,JuanLuísGonzálezRiveiro e María PeñaRubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A praza Conde de Fontao é unha das zoas máis concorridas do noso pobo ó encontrarse na zoa portuaria, ademais de ter un bonito parque e estar nunha zoa privilexiada.
Nos últimos tempos dende “Foz Plataforma de Futuro”vemos algún aspecto que deberíamos intentar mellorar. No muro da igrexa atópase un mural con fotos antigas de Foz,un mural feito en madeira que co paso dos anos vemos que foi sufrindo un importante dano a consecuencia dos fenómenos meteorolóxicos os que está exposto tanto a madeira coa que foi feito como as propias fotos. Realmente este deterioro das madeiras deste mural faise perigoso para a integridade física das persoas que por alí pasan habitualmente ou ocasionalmente.
Así mesmo podemos comprobar como nesta zoa, e xustamente diante dos paneis das fotos,están colocados os contenedores do lixo, o que dan unha mala imaxe desta zoa de visita.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:

-Instar ó Alcalde e o equipo de Goberno do Concello de Foz,á reparación do material do mural existente no muro da igrexa, e á reposición das fotos danadas co paso do tempo.

-Instar ó Alcalde e o equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para o soterramento dos contenedores existentes na Praza Conde de Fontao.

Exit mobile version