Site icon Crónica3.com A Mariña

Nota do colectivo “por nuestro faro” en resposta ao informe do defensor do pobo

Ribaeo, 8 de Marzo de 2017. O colectivo “Por Nuestro Faro” ven de remitir ao Defensor del Pueblo o escrito que publicamos deseguido e que está colgado na nosa páxina e na ribadeando. As deficiencias no expediente que reiteramos agora xa foron expostas o Defensor na nosa primeira denuncia pero agora complétanse cun estudo mis polo miudo e a perspectiva do tempo transcurrido. Caese do seu peso que os cálculos económicos, que serviron de base para a concesión incluían unha cafetería que hoxe non existe. Pola outra banda os terreos calculados na concesión son seis parcelas que suman 500 metros cadrados (incluindo o edificio do faro) pero non se contabilizaron os 4376 metros cadrados da Illa de uso exclusivo para os clientes.

Remitimos este escrito ao concello de Ribadeo pedíndolle que o estude sen agardar á resposta do Defensor, e que asuma a sua responsabilidade administrativa e política sen delegar as suas competencias na Xunta de Galicia ou da Autoridade Portuaria. Entendemos que un estudo sosegado, desintersado e obxectivo destes prantexamentos impediría seguir adiante con este expediente e dar a licencia de apertura, situación á que non se houbese chegado se houbesen escoitado antes outras opinión.

Exit mobile version