Site icon Crónica3.com A Mariña

O 22 de marzo terá lugar unha xornada de difusión da cultura caboverdiana no CEIP Virxe do Carme, de Burela

Burela, 21 de marzo de 2017. A Concellería de Inmigración e Cooperación organiza xunto coa asociación cultural Tabanca unha xornada de difusión da cultura caboverdiana, centrada sobre todo no ámbito musical.

Integrantes do grupo Batuko Tabanka van realizar unha actividade no CEIP Virxe do Carme, de Burela, mañá 22 de marzo ás 11:00 horas para sensibilizar ao alumnado de infantil e de primaria sobre a diversidade cultural. Acompañando a música, explicarán as letras das súas cancións para así deixar ver, dun xeito agradable parte da realidade do fenómeno migratorio.

Esta actividade xunto cos concursos de lemas e debuxos forman parte da programación do 21 de marzo, que é o día internacional para a eliminación da discriminación racial.

Exit mobile version