Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde amosa o seu pesar polo falecemento dun veciño de Burela, localizado morto a primeira hora desta mañá na praia de o Portelo

Burela, 2 de marzo de 2017. O alcalde, Alfredo Llano, mostra o seu pesar e traslada o pésame á familia do home que apareceu morto esta mañá na praia de O Portelo.

O rexedor contou que “esta mañá espertámonos cunha mala noticia para Burela xa que apareceu un cadáver flotando na praia de O Portelo e tras identificalo coincide que é un veciño de Burela, un veciño moi coñecido aquí en Burela e moi apreciado”.

Alfredo Llano explicou que “apareceu sobre ás oito e cuarto da mañá nesta praia e estaba vestido de faena de pesca, polo tanto consideramos que debeu ser un accidente, aínda que iso terá que determinalo a autopsia que lle practicarán en Lugo”.

O alcalde comentou que “estamos apenados porque era unha persoa coñecida, persoalmente era un bo amigo e agora estamos un pouco tristes loxicamente. Temos que acompañar á familia e darlle ánimos neste momento. Tivemos esta mala sorte neste día no que amecemos con esta maña noticia”.

Exit mobile version