Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG aposta por un regulamento de consenso e rexeita a imposición do PP na Deputación

Lugo, 26 de marzo 2017. O luns, 27 de marzo, celebrase, a petición do partido popular, un pleno extraordinario para debatir unha nova proposta de Regulamento para a Deputación de Lugo. A proposto do novo Regulamento presentada polo PP será debatida e para que saia adiante terá que contar co apoio da maioría da corporación provincial. O voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, anunciou o seu total rexeitamento á proposta do PP dados os cambios que suporía á hora da toma de decisións na entidade provincial.

O BNG aposta por un regulamento de consenso e rexeita o intento de imposición do PP na Deputación. Ferreiro asegurou que “quizais teñamos que empezar de cero a redacción do novo regulamento en entendemos que se debe facer entre os tres grupos” e explicou “poderiamos tratar de emendar a proposta do PP, pero son tantos e de tanto calado os cambios introducidos que é practicamente imposible”. O voceiro do BNG manifestou a súa total disposición a dialogar e negociar cos outros dous grupos para chegar a un consenso do que saía un Regulamento válido para os vindeiros anos e bon para Lugo e os seus habitantes.

Os deputados do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro e Antonio Veiga, lembraron que o actual regulamento da entidade provincial foi elaborado de xeito consensuado en decembro de2010 e Ferreiro puntualizou “foi elaborado, non aprobado, por que todos os grupos fomos facendo aportacións que se reflectiron no documento final”. O BNG “en ningún caso” vai apoiar a proposta que o Partido Popular levará ao Pleno extraordinario por que segundo sinalou o voceiro do BNG “a proposta do PP inclúe barbaridades como dar a un transfuga máis dereitos que a un deputado democraticamente elixido”.

Exit mobile version