Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG proporá que as axudas discrecionais da presidencia da Deputación vaian aos concellos castigados polo PP

Lugo, 24 de marzo 2017. O BNG levará ao pleno da Deputación unha iniciativa para que o goberno provincial teña en conta os recursos aportados por outras administracións aos concellos á hora de distribuír entre eles os recursos discrecionais. Xosé Ferreiro sinalou que “grazas ao BNG a distribución dos cartos da Deputación é cada vez máis obxectiva, pero aínda quedan partidas de libre disposición para o presidente”.

Ferreiro sinalou “temos que camiñar cara unha verdadeira independencia da autonomía local e o feito da posta en marcha dun Plan Único axuda aos concellos polo se van distribuír entre todos e cada un destes un total de 20 millóns de euros de forma totalmente obxectiva” pero explicou “por desgraza, este camiño emprendido pola iniciativa do BNG nas deputacións de Pontevedra, Coruña e agora na Lugo son casos illados, pois o comportamento tanto da Administración Central como da Xunta de Galicia camiñan en sentido totalmente contrario, colaborando cos concellos dun xeito totalmente sectario e marxinando en moitas ocasións a algúns concellos nas súas reparticións discrecionais, marxinación motivada normalmente por cuestións electorais ou simplemente pola cor política dos seus alcaldes”.

O voceiro nacionalista asegurou que debido a isto, unha das poucas críticas que recibe o Plan Único aprobado nesta institución basease en que os concellos agraciados polas decisións da Xunta e Goberno Central teñen triplo financiamento, pois reciben igualmente recursos da Deputación”. Os concellos marxinados pola Xunta e o Estado van ter como único punto de financiamento obxectivo o recibido dende a Deputación. Por iso o Grupo do Bloque Nacionalista Galego na Deputación de Lugo propón, ao goberno desta institución e ao seu presidente para, que á hora de decidir a distribución dos fondos existentes nesta institución que quedan para libre disposición do Goberno o do Presidente se teña en conta os cartos que cada concello recibe doutras institucións, nomeadamente do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza.

Exit mobile version