Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela creará seis postos de traballo temporais, a través do programa Depuemprego

Burela, 20 de marzo de 2017. O Concello creará seis postos de traballo, a través do programa Depu Emprego, durante seis meses e a tempo parcial. Trátase de dúas prazas de conserxe, dúas de xardineiros e dúas de operarios de obras. As persoas interesadas poden consultar as bases a partir de mañá.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, contou que “o Concello vai sacar seis prazas do programa Depu Emprego. Son unha serie de prazas que se veñen ofertando a través dun acordo coa Deputación de Lugo”.
O rexedor burelés sinalou que “a partir de mañá martes, as bases estarán a disposición de toda a xente que queira presentarse, que tamén poden mirar na sede electrónica do Concello de Burela. As prazas serán dous conserxes, dous xardineiros e dous operarios de obras, oficiais de albanelería ou peóns”.
Llano salientou que “aquela xente que estea interesada non ten máis que vir polo concello e preguntar onde están as bases ou ben mirar na sede electrónica do Concello”. E engadiu que “estas seis prazas serían para un tempo de seis meses, a comezar aproximadamente o 15 de abril e ata outubro e serían a tempo parcial”.

O alcalde dixo que “é unha boa ocasión para moita xente que agora mesmo está pendente dun traballo, polo menos que teña a oportunidade de vir aquí e levar as bases para se lle convén presentarse. Aproximadamente terán dez días de prazo a partir de mañá”.

Exit mobile version