O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado do edil de Obras, Plácido Pérez, da concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez e de técnicos do Concello, desprazouse ata a zona, onde se reuniu cos veciños para explicarles o proxecto, que contará cun presuposto de preto de 30.000 euros, aportados pola Consellería de Presidencia, da Xunta de Galicia.
Neste senso Villares concretou que “os traballos consistirán na ampliación da rede de colectores existente, para conducir os verquidos de augas residuais dos veciños de Praza, á depuradora existente, co que o servizo chegará á totalidade dos habitantes do núcleo, que é aproximadamente o 25% da poboación de Castelo”.
Villares engadiu así mesmo, que se trata dunha actuación importante coa que respondemos a unha demanda dos veciños. pretendemos incidir, así, na liña que vén trazando este Goberno, para seguir a traballar na mellora da calidade de vida dos cervenses, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, co obxectivo de que todos e cada un dos recunchos do noso municipio dispoñan de servizos de calidade, en consonacia con medio ambiente, como neste caso; ao tempo que acondicionamos o noso rural para que sexa cada vez máis atractivo para o asentamento de nova poboación”.