Deste xeito o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou “que fixemos acopio de produtos atraíntes para dispensarlles de balde aos apicultores, e que comezamos xa a distribuir casa a casa, co fin de atacar ás raíñas nesta primavera, que é o momento crucial para facelo, para tentar así frear a expansión da velutina e a formación de niños de cara aos vindeiros meses”.
Nos días previos -engadiu- “e logo de manter diferentes xuntanzas co sector, técnicos municipais fixeron un traballo exhaustivo identificando e xeoreferenciando as colmeas que hai no Concello, chegando a contabilizar a día de hoxe preto de medio milleiro delas”.
“Cada envase que entregamos garante a o mantemento da trampa durante un período de dous meses e dende o Concello faremos un seguemento periódico da evolución das colmeas, para dispoñer de datos máis específicos sobre a poboación de abellas en Cervo, ademais de verificar, in situ, a efectividade deste tipo de produtos co fin de comprobar que o traballo que se está a facer vai no bo camiño”.