Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo recorda a Cunqueiro no 36 aniversario do seu pasamento

Mondoñedo, 2 de marzo de 2017.-O Goberno local do Concello de Mondoñedo recordará ao escritor Álvaro Cunqueiro (1911-1981) no 36 aniversario do seu pasamento. Dende o Goberno local programan unha serie de actividades que se celebrarán o venres 3 de marzo.

A xornada conmemorativa do falecemento do escritor mindoniense dará comezo ás 11:00 horas coa recepción oficial por parte da alcaldesa, a popular ElenaCandia, na Casa do Concello de Mondoñedo, na que están invitadas a participar as asociacións culturais e sociais da localidade, e á que tamén teñen xa confirmada a súa asistencia o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o tenente de alcalde de Ferrol, José Álvaro Montes.

Ás 11:15 horas farase unha ofrenda floral ante a tumba do escritor no Cemiterio Vello da localidade. Acto seguido, ás 11:45 horas entregarase no Auditorio Pascual Veiga a distinción ‘CunqueirianoEmeritus’ a D. Francisco Cal Pardo, presidente da empresa Leadair S.L.

Unha vez rematado este acto de nomeamento, sobre ás 12:15 horas, dará comezo, tamén no auditorio ecoa participación de alumnos do CEIP Álvaro Cunqueiro e do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, un maratón de lectura pública da novela de Cunqueiro escrita en 1971, ‘Os Outros Feirantes’. Xa ao remate, sobre as 13.00 horas, terá lugar a actuación dun grupo de alumnos da Escola Municipal de Música o Pallarego de Mondoñedo.

Exit mobile version