Viveiro 2-3-17. No Diario Oficial de Galicia, de data 10 de febreiro de 2017, publicouse o Decreto 12/2017, de 26 de enero, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia; esta nova regulación está a xerar incertidume e numerosas dúbidas entre a poboación, sobre todo no apartado de vivendas de usos turísticos, as cales están recorrendo a esta administración intentando resolver diferentes cuestións.
Por este motivo, o Concello de Viveiro organiza esta charla informativa sobre as dúbidas na regulación de “Vivendas de uso turístico”, que terá lugar o 10 de marzo de 2017, ás 19:00 horas, na sala multiusos da casa do concello; nesta xuntanza, un técnico experto na materia resolverá as dúbidas de todos os asistentes.