Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno xera outros 17 postos de traballo en 3 Concellos a través do DEPUEMPREGO

Lugo, 16 de marzo de 2017. O Goberno da Deputación xera outros 17 postos de traballo en 3 Concellos da provincia a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo Provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Está aberta a solicitude dos 7 empregos que a Deputación ofrece en Viveiro e nos vindeiros días abrirase os de Outeiro de Rei e Ourol. Máis información en www.deputacionlugo.gal e nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.

– En Outeiro de Rei, ofértanse 6 operarios de servizos múltiples e o prazo estará aberto do 30 de marzo ao 12 de abril.
– En Ourol, ofértase 1 operario de servizos mínimos, 1 peón forestal e 1 electricista, o prazo estará aberto do 27 ao 31 de marzo.
– En Viveiro, ofértase 1 técnico de informática, 1 electricista, 2 pintores, 3 peóns de servizos múltiples e 1 socorrista. O prazo para estes postos de traballo está aberto ata o 20 de marzo.

A estes novos empregos súmase a oferta no Concello do Vicedo de 1 peón de mantemento de servizos naturais que segue aberta ata o 13 de marzo, e a oferta no Concello de Láncara de 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de ocio e tempo libre que remata mañá.

Con estes últimos empregos, son xa 215 os que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 57 municipios na provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que son 263 os postos de traballo que inclúe este plan polo que nas vindeiras semanas se xerarán outros 48 empregos.

Distribución dos 191 traballadores
Tendo en conta as cifras anteriores, e á espera da vindeira incorporación de 23 novos traballadores en ditos 5 Concellos que resulten beneficiados dos procesos de selección que levarán a cabo os propios municipios; son 191 as persoas contratadas en 52 Concellos grazas ao DEPUEMPREGO.

Na Mariña son 30 postos de traballo en 11 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Barreiros, 2 oficiais; Cervo, 5 peóns; Foz, 2 auxiliares administrativos; Ribadeo, 1 auxiliar de turismo, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; en Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico e 1 técnico deportivo; Mondoñedo, 1 educador familiar, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 varredor-peón; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples; e Xove, 1 coidador e 1 administrativo.

Na Terra Chá son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Abadín, 3 peóns; Begonte, 6 peóns; Castro de Rei, 4 peóns de servizos múltiples; Cospeito, 3 peóns; Guitiriz, 2 conserxes, 1 condutor, 1 arquiveiro e 1 dinamizador social; Meira, 2 peóns; Muras, 1 técnico de obras e servizos, 1 auxiliar administrativo, 1 operario condutor, 1 orientador; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor.

Na Comarca de Lugo son 22 postos en 6 Concellos: O Corgo, 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda; Friol, 6 peóns de mantemento de espazos naturais; Guntín, 1 administrativo; Outeiro de Rei, 1 administrativo e 6 operarios; Portomarín, 2 peóns e 1 xardiñeiro; e Rábade, 1 administrativo e 1 peón.

Na Comarca de Sarria son 21 postos en 5 Concellos: O Incio, 7 peóns; Paradela, 4 peóns de obras públicas; O Páramo, 1 animador sociocultural e 3 peóns; en Sarria, 1 dinamizador e 2 traballadores de servizos varios; e en Triacastela 3 peóns.

Na Montaña son 19 postos de traballo en 7 Concellos: Baleira, 3 peóns; Baralla, 6 peóns; Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; Negueira de Muñiz, 2 peóns; Navia de Suarna, 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.

Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 36 postos de traballo en 9 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; O Saviñao, 6 peóns, 1 limpador e 1 administrativo; Sober, 1 técnico en informática, 1 auxiliar viticultura técnico en turismo, 1 monitor deportivo, 2 peóns de servizos e 1 pintor; e Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.

Na Comarca da Ulloa son 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns, 2 auxiliares de axuda a domicilio, 1 peón de xestión de residuos e 1 arquitecto; e Monterroso, 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra albaneis e 1 conserxe.

Exit mobile version