Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro agradece a aposta da Xunta polo emprendemento

En Viveiro a 22 de marzo de 2017. Hai uns días, en distintos medios saía publicada a noticia de que a Xunta ofrecía na provincia de Lugo, máis de 349.000 metros cadrados de solo industrial bonificado ata o 50%.

Dese total, 44.501 metros cadrados distribuidos en 19 parcelas corresponden ó polígono industrial de Viveiro. Esta aposta da Xunta polos emprendedores do noso concello, promocionando o solo empresarial nas condicións máis vantaxosas posibles, contrasta coa inacción e a deixadez do goberno municipal socialista para facilitar o asentamento de empresas no noso municipio.

Non so non fan nada por atraer empresas , senón que as poucas medidas que ofertan como pode ser a bonificación do 80% nas licencias de obra no polígono, aprobouse porque outros llelo propuxeron, non porque eles lideraran ou plantexaran esta iniciativa. Pero por si esto fose pouco, tamén se negan a aceptar outras propostas que poderían xerar emprego e riqueza para o noso concello e na que ademáis seriamos pioneiros en toda A Mariña, e así, non hai moito, no pleno do mes de setembro de 2016, o noso grupo plantexaba a posibilidade da creación dun vivero de empresas para facilitar o desenrolo e asentamento de proxectos empresariais no noso concello, atopándonos coa negativa do PSOE, os non adscritos e SON Viveiro.

Dende o noso grupo non acertamos a entender esta falta de apoio a algo tan vital como é dar facilidades para que as empresas se creen e se asenten na nosa cidade, algo que si entenden perfectamente en concellos limítrofes como o de Mondoñedo, onde hai poucos días anunciaban a creación deste vivero de empresas, que será un referente para toda a comarca mariñana.

Resulta incomprensible este pasotismo, máxime cando hai subvencións destinadas a creación de viveros industriais – que financian a ta o 80% da inversión -, en concreto a orde do 27 de xaneiro de 2017 (DOG nº 35 do 20 de febreiro de 2017). Non é de estrañar que Viveiro xa non sexa a referencia que era dentro da Mariña Lucense, posto que este equipo de goberno socialista coa súa falta de proxecto, co seu ir día a día a golpe de impulso, coa súa deixadez e a súa inacción fan que teñamos pasado de ser a locomotora a ir no furgón de cola e de onde desgraciadamente nos costará saír si non mudan as súas políticas.

Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro

Exit mobile version