Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta o mal estado do centro sociocultural ubicado nas antiguas escolas públicas de Covas

Viveiro, 27 de marzo de 2017. Hai uns días a Delegación de Obras do noso Concello volvía a sorprendernos cunha obra feita nas antiguas escolas públicas da parroquia de Covas – convertidas desde fai moitos anos en Centro Sociocultural – e que consistiu en tapiar as 14 ventás do edificio do lado esquerdo da planta baixa. Ademáis desta chapuza tamén nos sorprendían as explicacións do Concelleiro-Delegado de Obras a un medio de comunicación , nas que afirmaba que o motivo de tapiar as ventás era que un grupo de rapaces xogaban o balón contra o edificio e rompían os cristais, o que supoñia un importante gasto para o Concello. Dende o PP de Viveiro pensamos que podían existir outras solucións ben distintas do tapiado, coma por exemplo colocar distintos elementos – porterías, canastas de baloncesto – para que os rapaces puidesen xogar á pelota, o que sin dúbida sairía máis a conta e ó tempo fomentaríase a práctica deportiva.

Este edificio da esquerda do que estamos a falar, atópase en pésimas condicións tanto na planta superior como na planta baixa. A única aula ocupada e na que levan a cabo as súas actividades a Asociación de veciños de Covas, presenta unhas condicións lamentables, con humedades e coas paredes e o chán en malas condicións, ó que habería que sumarlle ahora o tapiado das ventás, o que provoca falta de luz solar e falta de ventilación do exterior – despois de que o noso grupo o denunciase nas redes sociais, retiraron dúas tablas para ventilar, tal e como se aprecia na imaxe que se adxunta -. Non é pois de extrañar a queixa das máis de 20 mulleres que fan os seus cursos de ximnasia neste recinto dende hai dez anos , aunque o parecer e segundo o recollido polos medios, o único que no sabía que se facían estas actividades neste lugar era o Delegado de Obras e 1º Teniente de Alcalde.

Nesta liña de descoñecemento, tamén é moi probable que o equipo de goberno socialista non estén enterados de que os aseos deste edificio son tercermundistas xa que son os mesmos desde a súa construcción. Seguramente tampouco sabrán da necesidade de cambiar a porta de entrada que se encontra en malas condicións.

Si cambiamos para o edificio da dereita é probable que tamén descoñezan que nunha aula da planta baixa do mesmo, onde se atopan 5 ordenadores so funciona un, a pesares dos avisos dados no concello para que os arreglasen, motivo polo que os rapaces que acuden a estes ordenadores se turnan para poder usar o único que funciona. Asi mesmo as escaleiras de pedra de ambos edificios necesitarían unha urxente reparación , xunto coa pintura de interiores e exteriores e algunha reparación do teito cuberta de ambos edificios

O PP de Viveiro coma sempre está e estará o servicio dos veciños para denunciar e transmitir publicamente ou no Pleno do Concello todas as queixas que estes nos transmitan, co obxecto de que estas se subsanen e asi se vexan melloradas as súas condicións de vida. Agardamos que dende o equipo de goberno socialista se tome boa nota de todo isto e se poñan mans a obra para darlle unha pronta e acertada solución.

Celestino Garcia Paz
Concelleiro do PP de Viveiro

Exit mobile version