Viveiro a 22 de febreiro de 2017
Antonio J. Bouza Rodil , en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno :
O un de febreiro deste ano dabanse a coñecer os datos do estudio “La transparencia pública en la Comunidad Autónoma de Galicia”, realizado pola Asociación Transparencia pública e a Sociedade Civil a través da ferramenta Dyntra e que tamén contou coa colaboración da Universidade de Santiago. Neste estudio evaluabase a transparencia dos municipios galegos de máis de 15.000 habitantes a través de 148 indicadores agrupados en seis categorías.
A tenor dos resultados deste estudio sobre o índice da transparencia, o noso Concello sae moi mal parado, xa que dos 33 concellos de Galicia que superan os 15.000 habitantes, situase no posto 28 cumplindo so 19 dos 148 indicadores – un 13% – e sendo por suposto o peor da provincia por detrás de Lugo e Monforte.
Revisando a paxina do Concello de Viveiro aparece o enunciado de sede electrónica, si pinchamos nel aparece unha pestana que pon transparencia con oito apartados que se dividen en 60 subapartados, pero ningún deles ofrece información algunha, atopanse baleiros de información e so aparecen os epígrafes.
Cabe recordar que a Lei 19/2013 de 19 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno é de obrigado cumprimento para as entidades locais, e no caso do noso Concello constatase que non é asi, a pesares dos dous anos de moratoria que se concedeu para poñerse ó día, o que significaría que a un de xaneiro do 2016 esto tería que estar feito, pero como se pode comprobar un ano e pico despois, non acontece así, unha mostra máis da deixadez e a desidia que caracteriza a este equipo de goberno socialista.
Despois de observar todos estes datos que nos convirten nun dos concellos máis opacos de Galicia, non sabemos o que pensará facer a Sra. Alcaldesa para mellorar a transparencia na información que ten que estar a disposición da cidadanía.
Por estes motivos lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que en aras de que o noso Concello sexa un organismo transparente – onde os cidadáns poidan consultar calquer tipo de información sobre a actividade municipal – e para que cumpla na súa totalidade coa lei 19/2013 de 9 de decembro, que solucione estas carencias informativas e de acceso á información por parte da cidadanía e que como sinalabamos antes, nos convirten nun dos concellos máis opacos de Galicia entre os que teñen máis de 15.000 habitantes.