Ribadeo (Lugo), 3 de marzo de 2017.- A sede da agrupación socialista de Ribadeo acolleu onte (xoves) unha xuntanza de traballo, dentro da folla de ruta que a Xestora Provincial ten programado por toda a provincia, para analizar a situación actual do partido, e tamén coordinar e informar da actuación socialista nas diferentes institucións, como son o Congreso dos Deputados, Senado, Parlamento de Galicia e Deputación Provincial.
Nesta reunión, participaron o Presidente da Xestora Lucense, Luis Angel Lago Lage, a deputada provincial e Alcaldesa de Trabada, Mayra García e a Deputada no Congreso, Margarita Pérez Herraiz, así como concelleiros e voceiros e militantes das agrupacións da Mariña Oriental.
Na xuntanza avanzouse sobre asuntos de actualidade que afectan a toda a Comarca, como o problema da pataca, ou o decreto de aluguer de vivendas turísticas. A maiores denunciaron o nulo compromiso do Goberno de Feijoo coa construción da Residencia de Ribadeo, e criticaron que a dia de hoxe só hai un pediatra no centro de saúde desta vila. Sobre as infraestruturas viarias remarcaron que a VAC da Mariña, de Barreiros a San Cibrao, acumula anos de retraso, así como o lamentable estado da LU-124, entre Mondoñedo e Riotorto, entre outras. Sobre asuntos orgánicos, emprazouse a toda a militancia a participar activamente en todos os procesos que o PSOE ten nas vindeiras datas.
Próximas reunións
Esta é a sétima xuntanza que realiza a xestora provincial, a primeira foi en Viveiro, despois en Monforte, Vilalba, Foz, Sarria e Fonsagrada. As seguintes convocatorias que a Xestora ten programado son o día 9 de en Chantada, e por último do día 16 de marzo en Lugo.