Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz continúa o ciclo de “Charlas Informativas” polas parroquias do concello

Foz 24-3-2017.- Tras visitar xa varias das parroquias do concello de Foz este vindeiro domingo 26 de abril os socialistas desprázanse á parroquia de Fazouro e ao barrio de Marzán.

En horario de mañá, ás 12’00h será o encontro cos veciños de Fazouro, no local social e pola tarde ás 19’30h cos de Marzán, tamén no local social do barrio.

A finalidade destas charlas é, por un lado, informar aos veciños de importantes temas de actualidade municipal, valorar a acción do goberno e explicar as iniciativas que esta levando a cabo o noso grupo municipal, e por outro, coñecer de primeira man os problemas e as necesidades que, os propios veciños do lugar, consideren mais relevantes.

Exit mobile version