Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz cualifica de pésima a xestión do alcalde coa débeda de Gestagua

Foz 31-03-2027.- No pleno deste xoves aprobáronse uns orzamentos condicionados pola débeda con Gestagua. O curioso é que as verdadeiras inversións acordaranse co destino do remanente. Polo tanto neste exercicio pódese dicir que haberá dous orzamentos, un para o pago da débeda e outro para as inversións.

O PSOE favoreceu a aprobación dos orzamentos co obxecto de dar cumprimento á execución da sentenza e pagar dita débeda, aínda que cualifica de pésima a xestión do alcalde no tema.

En primeiro lugar, o Sr. Alcalde o 7 de abril de 2016, trae unha proposta para rescindir o contrato coa empresa, pagar a débeda e subir as tarifas. Proposta que presenta, á petición da empresa. Os informes de intervención e secretaría da fecha, sinalan a existencia de moitos reparos e incluso se conclúen que “non se axusta á legalidade vixente

Aludían os citados informes a que para rescindir o contrato de mutuo acordo era necesario un interese público como podía ser un aforro económico. Pero que nin o feito de perdoar os intereses, nin o lucro cesante podían considerarse como tales, pois á fecha uns non existían aínda, xa que non había sentenza que determinase a débeda e outro, por que non se podía considerar que exista lucro cesante si a resolución era de mutuo acordo.

Tamén se poñían en entredito outras cuestións, como que fose o Concello tivese que facerse cargo dos recibos impagados cando a concesión é a risco e ventura da empresa. Ou as inversións ás que a empresa se comprometeu e que nunca se puideron determinar.

En segundo lugar, o PSOE solicita entón unha negociación seria coa empresa, que esta xustificase a débeda adecuadamente como pedían os informes de intervención ao largo dos últimos anos, que se negociase unha rebaixa da débeda e uns novos prazos e, que como condición previa, se ingresasen os 690.000 euros que a empresa debía ao Concello pola recadación da taxa do lixo. Instábase tamén, ao equipo de goberno, a que contemplase unha partida orzamentaria para abordar polo menos parte desa débeda. Moción que resultou aprobada pero que nunca chegou a executarse. O que demostra que nunca houbo empeño do alcalde nunhas verdadeiras negociacións e evidencia que, parece mais un comercial de dita empresa, que un verdadeiro representante dos veciños.

Dous meses despois destes feitos, publícase a sentenza condenatoria. Dende que se dita a sentenza ata o auto de execución inmediata da mesma, pasan mais de oito meses, polo tanto, o alcalde dispuxo de tempo suficiente para intentar solucionar o problema.

Podía haber recurrido a sentenza a instancias superiores, facer unha dotación orzamentaria no exercicio de 2016 como lle suxerían os informes de intervención, cabe lembrar que que os orzamentos do 2016 foron aprobados no mes de xuño, ou podía haber acudido ao remanente e non destinar 600.000 euros de todos os veciños a reparar o pavillón de deportes, asumindo o custe total da obra, sen pedir axuda nin financiamento a outras administracións.

Dende o PSOE, ata en tres ocasións, se instou ao alcalde a que contemplase unha dotación orzamentaria para sufragar esa débeda. No pleno de 28/04/2016. Na proposta dos orzamentos do 2016. E na proposta aos orzamentos de 2017.

Si o alcalde houbese feito os deberes a tempo, presentando os orzamentos do 2017 en tempo e forma, á data, estarían aprobados coas inversións acordadas e se podería acudir a outras vías para pagar a débeda. Mesmo podía acudir ao fondo, creado por Real Decreto no 2014, do Ministerio de Economía e Administracións Públicas para facer fronte a sentenzas condenatorias deste tipo aos concellos.

Surrealista se torna a situación cando, sen orzamentos e con un auto do xulgado requirindo o pago inminente da débeda, o alcalde intentou suprimir o pleno do mes de febreiro. É mais, o pleno chega a celebrase, pero a corporación non sabe nada do auto ata o mes de marzo cando convoca unha xunta de portavoces urxente. Porqué non a convocou inmediatamente, ao ter coñecemento do auto?

Aos socialistas tamén nos resulta sospeitoso que, xusto despois, de presentar en xaneiro unha moción para estudiar a posibilidade de municipalizar o servizo da auga xurda agora o auto esixindo a execución inmediata.

Todos estes acontecementos veñen a confirmar que o primeiro culpable da débeda é a propia empresa pois, tal e como sinalan todos os informes de intervención, estaba obrigada a aportar un estudo económico-financeiro que xustificara o desequilibrio económico para subir as taxas, algo que nunca fixo e que nos reafirma aínda mais en que o concello debería recuperar a xestión do servizo da auga.

De que sentenza e a súa execución ten que ser acatada, non cabe dubida, así que non queda outra que esperar ao remanente para aprobar as inversións e alí, o PSOE, seguirá insistindo na necesidade das beirarrúas do cemiterio e no ensanche da rúa do Pilar , algo que agora piden moitos veciños de Foz ante a inminente humanización de Álvaro Cunqueiro e a avenida da Mariña e que se puido debater no pleno en base a unha alegación presentada por un veciño de Foz.

Exit mobile version