Foz 29-3-2017.- No pasado mes de febreiro publicouse no DOG o DECRETO 12/2017, de 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas y vivendas de uso turísticos en Galicia e que entrará en vigor o próximo 10 de maio.
O concello de Foz é un dos mais turísticos da Mariña e conta con un parque de vivendas en aluguer moi importante, xa que a súa oferta hoteleira é escasa.
Dende o PSdeG-PSOE de Foz consideramos que a aplicación deste decreto e o cumprimento dos seus requisitos non pode retraer os alugueiros no caso de persoas particulares ou físicas que alugan polo verán, prexudicando ao noso concello.
Os alugueres nos últimos anos non son por meses enteiros senón por quincenas ou semanas o que somete a estes á normativa do Decreto. Os socialistas de Foz, pensamos que non se pode considerar empresarios do sector turístico a persoas que alugan a segunda vivenda ou incluso a propia polo verán, para poder complementar a súa renda familiar.
Esa tendencia de alugar a vivenda habitual por días ou por semanas, tanto por parte dos particulares como por parte dos turistas, pode ser entendido nalgunhas ocasións como competencia desleal, o que vai en contra da calidade dos destinos turísticos. Nada máis lonxe da realidade.
A día de hoxe, o sector do turismo pódese considerar como unha actividade económica moi importante, tanto para o noso pobo de Foz como para Galicia, xa que contribúe a crear numerosos postos de traballo e favorece o reequilibrio territorial o que fai que sexa procedente regular dito sector, non obstante, consideramos que o decreto da Xunta é mellorable e á vista do recollido nel, aos socialistas cábenos a dúbida de que sexa posible o seu cumprimento, tanto nos termos coma nos prazos establecidos.
Ante esta situación, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE vai presentar unha moción no pleno deste xoves, para acadar un acordo da Corporación de Foz e instar ao Goberno galego a:
-Ampliar o prazo da entrada en vigor do decreto, en tres meses mais, para posibilitar que todas as persoas, ou a súa gran maioría, poidan recabar e cumprir os requisitos que se establecen.
-A que se modifique, para a inclusión nel, da regulación do aluguer por habitacións.
-A que se revise a súa aplicación nos casos de alugueres particulares exclusivamente polo verán aínda que sexa por períodos inferiores a 30 días, limitando os requisitos a aplicar.
-A pór en marcha un plan de colaboración cos concellos cos medios necesarios para cumprir coas obrigas antes da súa entrada en vigor, en concreto, o cumprimento dos requisitos do artigo 41.2.4º.
-E a determinar os criterios que poden definir as dispensas recollidas no art.35