Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE presenta una moción para que o Concello de Foz paralice o cobro das plusvalías e ponse a disposición dos veciños para axudarlles a reclamar o cobrado de mais

No mes pasado de febreiro o Tribunal Constitucional ditou una sentenza que anula o imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido coma plusvalía, nos casos nos que haxa perdas nos inmobles transmitidos.

O TC declara inconstitucional e anula os artigos da Lei que regulan o imposto cando non se produce revalorización do valor dos inmobles, razoando que o tributo atenta contra o principio de capacidade económica e indicando aos lexisladores que, corresponde cambiar a normativa do tributo, de maneira que se teña en conta o valor de mercado do ben e non o valor catastral para facer o cálculo.

Non obter ganancias coa venta dun inmoble foi algo moi frecuente nos últimos anos nos que, os contribuíntes, mercaron a vivenda na época do boom inmobiliario e vendérona en plena crise asumindo importantes perdas e a maiores víronse obrigados a pagar a plusvalía municipal.

Nos últimos anos no Concello de Foz estívose a cobrar este imposto aos veciños que venderon un inmoble. Aos socialistas parécenos que na maioría dos casos se lles cobrou de mais, que estarían no seu dereito e sería bo que reclamasen. Dende o PSdeG-PSOE poñemos a disposición dos veciños un modelo de reclamación, no que se pide a devolución do cobrado indebidamente.

Ademais o PSdeG-PSOE a través do seu grupo municipal vai presentar unha moción para instar á paralización do cobro das plusvalías por parte do concello e para que se solicite algún tipo de compensación económica ao goberno central de cara a suplir a perda de ingresos que esta medida poida ocasionar as arcas municipais.

Exit mobile version