Site icon Crónica3.com A Mariña

O rally Via Iberica Pre War, de Via Flaminia, chegará a Viveiro o 8 de xuño de 2017

Viveiro 24-3-17. Via Flaminia é unha compañía creada en 2004, que realizou o seu primeiro rally en 2005 e que, dende entón, organizou 25 viaxes por 6 países diferentes. Nestes rallys poden participar os propietarios de vehículos antigos que, inscribíndose previamente, cumpran os requisitos establecidos; segundo eles mesmo afirman, estas viaxes organízanse co obxectivo de disfrutar, sen présas, da ruta, das paisaxes e da gastronomía dos distintos lugares que se visitan.

Un total de 22 coches antigos procedentes de Reino Unido, Bélgica e Holanda chegarán a Viveiro na tarde do día 8 de xuño, continuando o seu viaxe cara a Compostela ao día seguinte, tras pernoctar nun hotel do municipio; participan na Vía Ibérica Pre War, único rally que Via Flaminia organiza en España en 2017, que durante 9 días percorrerá 1750 quilómetros.

A inclusión de Viveiro na Via Iberica Pre War, non prevista inicialmente, foi posible grazas aos contactos e xestións que a Concelleira de Turismo iniciou na World Travel Market de 2016 e que, posteriormente, continuou Val do Naseiro, único hotel de Viveiro presente na feira; polo que este concello agradece as xestións realizadas que permitiron que Via Flaminia escollera Viveiro como un dos seus destinos.

O Concello de Viveiro valora moi positivamente que Viveiro fose escollido por Via Flaminia como punto de pernocta dun dos seus rallys, considerando a importancia deste feito dende o punto de vista económico e turístico e animando a veciños e visitantes a que se acheguen a Viveiro nesa data para poder admirar a beleza dos vehículos participantes.

Exit mobile version