Site icon Crónica3.com A Mariña

OS TEMPOS SEGUEN CAMBIANDO

Fai uns días, no meu obradoiro un visitante xuvilado de Ensidesa de xixon que quería coñecerme me dixo que” Nestes tempos que vivimos falamos moito, demasiado, pero escoitamos moi pouco” Eu engadiría que, ademais, non falamos. O “bing bang” das conversacións polas redes sociais reproduciu este hábito: fálase moito, lese menos e encabronase a xente moi pouco.

Estes días post congresos, pre congresos elecions cos fachas a volta da esquina por o norte de Europa, con un constructor- paiaso na Noerteamerica-electorais, de crise económica, de caos nos servicios sociais estase a far nas redes e nos cafes , mesons, restaurantes ou mirando unha das poucas obras que se fan por estos lares falase de esto: Sempre hai un familiar ou un veciño ao que lle pasou “aquilo”, sexa o que sexa aquilo. A hipótese negativa sempre ten máis adeptos que a hipótese positiva. . A hipótese catastrofista sempre ten máis adeptos que a hipótese negativa. As teorías conspirativas xeran unha audiencia inmediata.

E como non: Os datos equivocadas repítense malia a evidencia empírica en contra. E dende logo seguimos co de : Sexa o sexa, a culpa é do gobernó e a partir dun momento, a conversa convértese entre “nós” e “eles” e a maioría dosrazoamentos sobre un tema son prácticamente idénticas.
A pesares do que decía fai 40 anos Bob Dylan: Vide senadores, congresistas por favor oíde a chamada e non vos quededes no limiar, non bloqueedes a entrada, porque resultará ferido
quen opoña, fóra hai unha batalla furibunda pronto golpeará as vosas fiestras e cruxirán os vosos muros porque os tempos están cambiando.
Vide pais e nais ao redor da terra e non critiquedes o que non podedes entender, os vosos fillos e fillas están fóra do voso control o voso vello camino está carcomido, por favor, deixade paso ao novo si non podedes botar unha man porque os tempos están cambiando.

A liña está trazada e marcado o destino os lentos agora, serán rápidos máis tarde como o agora presente máis tarde será pasado, a orde desvanécese rápidamente e o agora primeiro
máis tarde será o último porque os tempos están cambiando.
E os tempos seguen cambiando , moi lentamente según o meu parecer, pero cambian e o que dixo fai casi medio seculo o americanmo de ollos azuis e pelo revolto valenos moi ben para estes tempos que vivimos, donde cada pouco tempo o debate de actualidade será outro e o de antes levaraio o vento.

Exit mobile version