Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE de Ribadeo.Recurso ao catastro

Dende a agrupación socialista de Ribadeo temos detectado que se están a enviar liquidacións provisionais do imposto sobre bens inmobles (comunmente coñecido coma “a contribución”) polos exercicios 2012, 2013, 2014 e 2015 en base a regularización catastral que se levou a cabo no noso concello pola Dirección Xeral do Catastro no ano 2015. Nós entendemos que os exercicios 2012 e 2013 están prescritos e, polo tanto, a liquidación deses dous exercicios sería incorrecta. Xa puxemos isto en coñecemento do Presidente da Deputación de Lugo que está a estudar a legalidade das liquidacións pero, á vista de que para moitos veciños e veciñas está a punto de rematar o prazo dun mes para apelar, estamos a preparar un modelo de recurso que facilitaremos e/ou axudaremos a cubrir na nosa sede, na avenida de Asturias, 21-23 – 1ºF (onde antigamente estivo a oficina do Rexistro da Propiedade) en horario de mañá (de 11:30 a 13:30) e tarde (de 16:30 a 18:30) durante os días 3 a 6 de marzo.

Para poñer un exemplo do cómputo do prazo para apelar, sinalar que se recibiu o certificado ca liquidación de catastro o dez de marzo, o último día para presentar o recurso é o dez de abril.

Exit mobile version