Site icon Crónica3.com A Mariña

TEMOS MOITAS TRAGADEIRAS

No PP os adaíles da transparencia son os mesmos que os propios corruptos, tal cume alcanza o cinismo no partido político máis corrompido da historia da democracia española que é capaz de simultanear dous discursos contrapuestos cun callo de moito carallo. Por unha banda, autoerixese en adaíl da transparencia enarbolando un discurso fanfarreiro que se contradi cos seus propios actos cando vota en contra de reducir o escandaloso número de aforados, Doutra banda, e ao mesmo tempo, non para de sementar dúbidas sobre a actuación da Xustiza e intentar zafarse de ser xulgado. Renega das investigacións da Policía, da integridad dos xuíces, non se priva de poñer en dúbida a súa profesionalidade con ferentes argumentos con tal de saír inerme dos desfalcos causantes de onerosos prexuízos ocasionados a tantas familias que sufriron mérmaa de servizos elementais básicos, encarecidos pola prevaricación e a manipulación de prezos nos contratos que pagamos todos cos nosos dolorosos impostos.

Eses invitados no bodorrio da filla de aznar son os mesmos que hoxe, desde o banquiño dos indecentes, queren zafarse de ser xulgados como mangallans, e para iso vale todo, igual para delinquir que para librarse das penas. Hipocresía en grado superlativo que non lles provoca nin tan sequera sonroxo, insistindo coa tozudez que lles caracteriza en difundir o torticeiro argumento de que o que se está xulgando hoxe son delitos do pasado.
Definitivamente trátannos de subnormales. Seica se poden xulgar hoxe delitos que aínda non se cometeron? Imos, isto xa non é manipulación da linguaxe, é un ataque frontal á intelixencia , quérennos ofuscar, enredar na confusión, facernos perder o tempo e distraernos para que non esteamos atentos ao gravísimo que está ocorrendo en estrados xudiciais.

O peor de todo son as tragaderas que temos, bótannos os delitos, as mentiras e as trampas a paladas e abrimos a boca para non perdernos nada. E, despois, sumisos, imos ás urnas e votamos a esa panda.

Exit mobile version