Site icon Crónica3.com A Mariña

Trinta e catro persoas recibiron os seus composteiros en Burela. Son os participantes na campaña de compostaxe doméstica que están levando a cabo o Concello e Sogama

Burela, 16 de marzo de 2017. Na sala de conferencias da antiga biblioteca a Concellería de Medio Ambiente organizou onte pola tarde unha charla sobre o uso de composteiros e a entrega dos mesmos aos 34  participantes que previamente se anotaron nesta campaña de compostaxe doméstica.

A charla foi impartida por persoal experto na materia de Sogama, asistiu a concelleira de Medio Ambiente, Noelia M.ª Ben, así como os participantes interesados na campaña que solvetaron as súas dúbidas sobre a compostaxe.

Desde a Delegación Municipal de Medio Ambiente e desde Gaia explican que “os asistentes  recibiron o manual de compostaxe doméstica e recolleron os seus composteiros. Na charla explicouse que existe a posibilidade de transformar a materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan. O proceso resulta moi sinxelo, xa que se trata de recuperar unha práctica tradicional en Galicia, separando os residuos orgánicos para a elaboración de abono”.

E engadiron que “case a metade dos residuos que xeramos nos nosos fogares está formado por materia orgánica, cuxo destino habitual, son os colectores convencionais, nos que tamén deben ser depositados os materiais non reciclables”.

 

Exit mobile version